AS ACTAS ESCURAS - ARGUMENTO


Unha mañá de inverno, a un Santiago de Compostela de finais do século XIX, sometido ao poder eclesiástico da Santa Basílica Catedral, chegan en ferrocarril, novo medio de transporte acabado de aparecer, o cura Don Mauro e o seu sobriño Casiano. A razón é o convite que recibe Don Mau­ro por parte da súa eminencia o cardeal Payá y Rico, máxima autori­dade eclesiástica nesta Compostela balorecida e conservadora, dominada polo poder da Igrexa. A razón deste convite é a petición de avalar co seu prestixio a veracidade dos ósos soterrados na Santa Basílica Catedral, venerados durante séculos como os ósos do Apóstolo Santiago e postos en cuestión por algunhas voces disidentes. Don Mauro deberá redactar un informe co resultado das súas pescudas; o devandito informe será enviado a Roma para ser ratificado polo Papa León XIII. Para esta tarefa tan delicada, Don Mauro faise acompañar de Casiano, mozo librepensa­dor, licenciado en Xeografía e Historia, discípulo de Giner de los Ríos, formado na filosofía krausista e nas ideas liberais da Institución Libre de Enseñanza. Será precisamente o seu afán de busca da verdade, dende postulados científicos nunca antes cuestionados polo dogma da relixión, o que causará certas reticencias tanto nos numerosos cóengos da catedral como nos outros representantes da curia eclesiástica e mesmo no propio cardeal Payá y Rico.
Con esta investigación como pano de fondo, a peza dá conta das fen­das, debilidades, cinismos, intereses, mentiras e verdades incuestionadas dos distintos persoeiros da curia eclesiástica da Santa Igrexa Catedral, presididos polo cardeal Payá y Rico, que se nos presenta como un home intelixente pero consumido pola cobiza e o afán de grandeza e poder que utilizará a verdade dos feitos como mellor lle conveña. Outro dos perso­naxes da curia relixiosa singularizados é Labín, home conservador que mesmo se negará a escoitar outra posible verdade, así como o arqueólogo López Ferreiro, unha alma sinxela de fe sincera, amigo do saber e cunha erudición notable que pon ao servizo da verdade pero sen perder nunca o sentido do deber nin a súa fe católica.
Ao tempo que transcorre esta investigación, coñecemos o propio dra­ma persoal do mozo Casiano, namorado de Rosarito, muller casada que se separou do seu home por ser vítima de malos tratos e que debe en­frontarse á busca dun traballo para vivir e, daquela, acaba traballando de cupletista nun café. Esas dúas razóns (a da separación e a da profesión) fan que Rosarito sexa vista con malos ollos pola nai de Casiano e, xa que logo, nun primeiro momento por Don Mauro. O mozo, que representa as novas ideas dos liberais, a erudición científica, o poder da razón e a im­portancia dun pensamento libre, lonxe da contención que marca a Igrexa, intentará demostrarlle ao seu tío a verdade que agochan as aparencias. As conclusións ás que chegará Don Mauro, guiado pola súa propia análise dos feitos e polas investigacións do sobriño, non serán as esperadas polo estamento eclesiástico.

A peza acaba nunha sorprendente aposta pola de­fensa da razón, da verdade e da beleza mundana e vital que se agocha nas palabras dun cuplé.

As Actas Escuras: ANÁLISE TEXTUAL.

Sobre o ESPAZO ESCÉNICO podemos decir que a escenografía se pode distribuír nun escenario á italiana.
En canto ao ESPAZO DRAMÁTICO, temos diferentes escenografías: o cuarto de Don Mauro da primeira e última escena, a estación de tren, a rúa, o interior da Catedral de Santiago de Compostela e nos altos da mesma, o cuarto no que se quedan Don Mauro e Casiano na súa visita a Santiago de Compostela, a biblioteca, a capela etc. O espazo na obra é múltiple e xira arredor da cidade de Santiago de Compostela cos seus bares, barberías, ruelas na noite e, sobre todo, o es¬pazo relixioso, que será o que cobre máis importancia. Así, as estancias catedralicias aparecen descritas como «paredes ateigadas de libros e retra¬tos doutros cardeais e santos» onde «todo ten un aire triste e rancio como saído doutro tempo».
Este espazo sérvelle ao autor tamén para criticar os medios de transporte que chegan a nosa Comunidade. A comezos da obra dísenos que ámbolos dous protagonistas chegan a nosa Comunidade por medio dun avance tecnolóxico como é o tren, tren que porén chega por medio de Portugal, xa que semella que Galicia está aislada do resto do estado español e tan só ten comunicación a través da dilixencia. (Cabe salientar que aínda hoxe a nosa Comunidade vese a espera dos novos adiantos, a día de hoxe estamos a agardar tolo tren da Alta Velocidade, do que goza gran parte do territorio nacional)


Por norma xeral, atopámonos fronte a unha obra na que as escenas están protagonizadas pola escuridade, só interrumpida por luces ténues. O ambiente estético que reproduce o texto é frío, escuro, antigo…

As ACOUTACIÓNS ou DIDASCALIAS indican a escenografía na que transcurre a acción, sitúan a obra espacialmente, pero tamén nos falan dos personaxes e, dun xeito moi poético, describen elementos como a luz, as personalidades dos protagonistas, os efectos visuais (o fume, por exemplo), etc. Nesta obra as didascalias non ocupan grande parte da mesma, senón que a maioría do texto son diálogos entre personaxes.

O TEMPO da obra esta concibido como un longo flash back no cal, dende o leito de morte, Don Mauro lembra a súa viaxe a Santiago de Compostela co seu sobriño Casiano para investigar a veracidade histórica das reliquias do apóstolo Santiago e os seus discípulos e comunicarlle esa información ao cardeal Payá e outros súbditos da Santa Catedral de Santiago. É unha obra dividida en trinta escenas, dúas das cales se producen no tempo presente da obra. As demáis forman o nó da historia coma se fosen unha grande analepse. A última escena é continuación directa da primeira, polo cal podemos dicir que a obra ten unha estrutura circular. Algo similar ocorre coa escena dúas e a vintenove, as cales se situan na estación de tren, onde aparecen Don Mauro, Casiano e tamén Xan de Nartallo.



En canto ao ritmo, podemos dicir que é unha obra bastante lenta, con parlamentos medios e longos que, quizáis polas características dos personaxes que os pronuncian ou polo ambiente xeral da obra, ata as réplicas curtas resultan lentas e mesmo aburridas. Hai algúns momentos da obra nos que o ritmo cobra vida, cando na estación se nos describe o ambiente concurrido, cheo de personaxes que levan a cabo accións con présa, o una escena titulada ‘A xuntanza’, na que Casiano, mediante as súas réplicas, longas en extensión, da impresión de ir subindo o ritmo e o ton gradualmente, seguramente por nerviosismo, inquietude, insistencia ou enfado.


É un texto de complicada comprensión, non moi sinxelo de ler, dependendo dos gustos é unha obra que pode resultar pesada e que, sen dúbida, mostra grandes complicacións á hora de poñela en escena, non tanto polas escenografías, nas que sempre se pode acudir ao simbolismo, senón polos longos parlamentos e pola facilidade coa que se pode aburrir ao público asistente. Sen dúbida, como director, enfrontarse a un texto como As Actas Escuras é arriscado e complicado e merece ser pensado e valorado antes de poñerse mans á obra, e nunca mellor dito.

TEMAS

Atopámonos ante unha obra realista que trata os seguintes temas:

- A verdade científica dos restos apostólicos.
- A beleza da cidade de Compostela e o misterio que agochan as súas pedras.
- Os inventos, a ciencia e a tecnoloxía como medios para que flúan as ideas.
- As institucións eclesiásticas.
- A liberdade do culto relixioso nas distintas sociedades e como é lexis¬lada ao longo da historia nas distintas constitucións.
- A filosofía krausista.
- A educación na Institución Libre de Enseñanza.
- Papel da muller na sociedade da segunda metade do século XIX.
- A actitude ética ante a verdade científica.
- Que agochan as aparencias.
- A mingua das forzas e dos sentidos na vellez.
- A morte como o final da vida.
- Cando a verdade se pon ao servizo dos propios intereses.
- As expectativas depositadas en alguén e o desexo de satisfacelas.
- A forza da liberdade e o triúnfo da verdade como claves para vivir unha vida plena.
- Papel da muller na sociedade da segunda metade do século XIX.
- A violencia de xénero.

OS PERSONAXES

Don Mauro
No primeiro acto preséntasenos no seu leito de morte, agardando por esta «coa serena placidez de quen sabe que é a fin de todos os camiños». Nas didascalias informasenos de que é un ancián cego e esmirrado de aspecto e maneiras venerables. Don Mauro é un home recto e bondadoso, de prin¬cipios morais inquebrantables e afán de coñecemento. El sabe por boca do seu amado sobriño Casiano o resultado do ditame papal respecto da in¬vestigación que os mantivo ocupados meses atrás. Nese ditame dáse por pechado o proceso de investigación arredor da verdade do enterramento dos ósos do apóstolo no Santo Sepulcro da catedral. Con esta nova, don Mauro non entrega o seu propio ditame e decide morrer escoitando un cuplé de Rosarito, a muller de Casiano, e renunciar a recibir o sacramento da extrema unción.

Casiano
Licenciado en Historia, traballa na Biblioteca Nacional. É novo, impruden¬te e avantaxado alumno da Institución Libre de Enseñanza e seguidor da doutrina krausista. É un personaxe no que abundan as intervencións curtas, as cales o identifican de seguro de sí mesmo. É teimudo. Ante o seu tío, Don Mauro, presenta unha actitude cariñosa e de moito respecto. Ante o resto dos personaxes, sobre todo dos coengos, amósase atrevido, á defensiva.

O Cardeal Payá y Rico
Preséntasenos como un home falsamente sinxelo, algo protocolario e, so¬bre todo, oposto ao progreso científico, xa que este significa un bulir de ideas que van en contra das doutrinas da Santa Madre Igrexa. Payá y Rico é prudente e interesado e sabe que, para mandar na institución eclesiás¬tica, debe servir os intereses desta e non dubida en facelo. Debido á súa actitude de condescendencia con respecto dos desexos do Papado suxírese o seu nomeamento como alta dignidade do primado de España. Sabe po¬ñer a súa oratoria ao servizo do que máis lle convén.

López Ferreiro
Preséntase como un home culto e sinxelo, carlista convencido, indepen¬dente e amigo da verdade e do rigor arqueolóxico.

Labín
Representa a opinión da Igrexa. É un canónigo que tamén se atopa na investigación xunto a López Ferreiro. Semella dende un principio non estar moi de acordo coa exploración dos restos do Apóstolo.

Xan de Nartallo
É un canteiro cego que traballou na catedral e, por querer ver de máis, ficou cego. Exercerá de guía das investigacións de Don Mauro e Casiano, sen sequera estes sabelo. É un personaxe que resulta misterioso polas súas aparicións sempre rodeado de fume e escuridade.

Doutor Casares
Segundo o seu monólogo do capítulo XII, este personaxe fainos considerar a posibilidade de ser Doutor en Medicina, aínda que o seus amplos coñecementos sobre os osos tamén nos fan indagar na posibilidade duns estudos en antropoloxía. O resultado da súa investigación é moi importante para o obxectivo dos protagonistas, pois atopan ósos de tres persoas diferentes.

Os Cóengos
Actúan como un coro ao servizo dos intereses do cardeal Payá y Rico. Son personaxes que se mostran moi á defensiva, moi cautelosos. Están en contra das investigacións de Casiano e Don Mauro, aos que tratan con grande desconfianza.


Rosarito e a nai de Casiano
Rosarito é cupletista, moza de Casiano. Tivo un matrimonio infeliz no que sufría malos tratos. A obra fai referencia á situación persoal da muller no século XIX, o seu compromiso matrimonial, inquebrantable a ollos da Igrexa e as saídas laborais escasas a que a muller estaba abocada á hora de se independizar e procurar sustento.
Na obra o fenómeno da violencia de xénero aparece tratado nas perso¬naxes de Rosarito e da nai de Casiano. A actitude das dúas mulleres, un¬has sufridoras en silencio por mor do que dirán e do que impón a Igrexa e a outra con capacidade para se enfrontar, cos poucos recursos que posúe, á situación, levan a unha lectura distinta do feito. A actitude valente de Rosarito é reprobada pola Igrexa católica, que considera o matrimonio indisoluble e, polo tanto, só entende a abnegación e a renuncia ao amor tras o fracaso deste. Como contrapunto, Casiano, de actitude librepensa¬dora, cuestionará a validez desa verdade do dogma aceptada por todos e atreverase a desafiar ao seu tío, quen amosará unha actitude desconfiada e crítica cara a unha muller á que non coñece pero que non se comporta dentro dos mandamentos da Igrexa. A evolución do seu pensamento fara¬se patente cando, ao final da obra, Don Mauro amose unha mirada máis comprensiva e aberta e un cariño franco cara a Rosarito, cuxa voz, pro¬fundamente humana e sensual, prefire ao sacramento da extrema unción para se despedir do mundo e asumir o último transo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago de Compostela é un concello da provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2009 tiña 95.092 habitantes. O seu xentilicio é santiagués ou compostelán.

Santiago de Compostela constitúe a capital política de Galicia, radicándose polo tanto nesta cidade o goberno autonómico da Xunta de Galicia. Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal e mais o destino do camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, igual que o seu casco vello pertencente á lista dende o ano 1985.

No territorio que actualmente ocupa a catedral de Santiago existía un poboado romano, que se tende a identificar como a mansión romana de Aseconia que existiu entre a segunda metade do século I e o século V, o poboado desapareceu pero permaneceu unha necrópole que tivo uso quizais ata o século VII.

O nacemento de Santiago como se coñece agora está ligada ao presunto descubrimento dos restos do Apóstolo Santiago entre o 820 e o 835.

Segundo a tradición medieval, como aparece por primeira vez na Concordia de Antealtares (1077), o eremita Paio alertado por luces nocturnas que se producían no bosque de Libredón avisou o bispo de Iria Flavia, Teodomiro, quen descubriu os restos de Santiago o Maior e de dous dos seus discípulos, no lugar que posteriormente se levantaría Compostela, topónimo que podería vir de Campus Stellae, isto é "campo de estrelas", ou máis probabelmente de Composita Tella, "terras ben axeitadas", eufemismo por cemiterio. A descoberta propiciou que Afonso II, necesitado de cohesión interna e apoio externo para o seu reino, fixera unha peregrinaxe a un novo da cristiandade nun momento no que a importancia de Roma decaera e Xerusalén non era accesible por estar en poder dos musulmáns.

Pouco a pouco foise desenvolvendo a cidade, primeiro estableceuse unha comunidade eclesiástica permanente a carón dos restos atopados formada polo bispo de Iria Flavia e os monxes de Antealtares. Asentouse unha poboación heteroxénea, aínda que fundamentalmente estaba formada por emigrantes procedentes das aldeas próximas, que foi aumentando a medida que progresaba a peregrinación por razóns relixiosas por todo o occidente peninsular, reforzado polo privilexio concedido por Ordoño II no ano 915 polo que se establecía que calquera que permanecera corenta días sen ser reclamado como servo pasaba a ser considerado como un home libre con dereito a residir en Compostela. Lugar de coroación de monarcas do Reino de Galicia e do Reino de León, a cidade foi destruída por Almanzor o 10 de agosto do ano 997 que tan só respectou o sartego do apóstolo. Tras a volta dos habitantes comezou a reconstrución, o bispo Cresconio a mediados do século XI dotou á cidade dun cinto de foxos e unha muralla como medida defensiva.

No ano 1075 o bispo Diego Páez deu comezo a construción da catedral románica, o aumento da pelegrinaxe fai de Compostela un lugar de referencia relixiosa en Europa, aumentando a súa importancia, que se ve recompensada tamén politicamente, acadando na época do Arcebispo Diego Xelmírez a categoría de metropolitana para a igrexa compostelá (1120). Entre os séculos XII e XIII foise artellando a rede de rúas dentro do recinto amurallado. Precisamente, no século XII, producíronse unha serie de revoltas urbanas (1116 e 1136), que en Compostela tiveron gran repercusión, acontecidas durante o pontificado de Xelmírez. A chegada da Peste Negra a cidade supuxo unha forte recesión demográfica, pero a partir de 1380 recuperou poboación e no século XV tiña entre 4 e 5.000 habitantes.

A fundación da Universidade no século XVI e o arcebispo Alonso III de Fonseca danlle un novo pulo a atracción de Santiago, en particular en Galiza.

O establecemento da autonomía en Galiza fixo dela a capital galega, obtendo como consecuencia un novo pulo na fin do século XX. É patrimonio da Humanidade, e foi capital europea da cultura no 2000.


O TEMPO


As Actas Escuras desenvolve a maioría do argumento como unha lembranza, no pasado, polo que ten estrutura circular porque tanto o comezo como o fin se sitúan nun tempo presente e cunha continuidade lineal e o nó nun tempo pasado. O tempo dramático combina o tempo en que se lembra e o tempo lembrado. Poderiamos considerar, tamén, que o que ocorre é que, tras a primeira escena, hai un grande flashback que remata xusto na última escena, que é inmediatamente posterior no tempo á primeira.

CONCILIO DE TRENTO


O Concilio de Trento foi un concilio ecuménico da Igrexa Católica Romana en períodos discontínuos, que transcorre entre 1545 e 1563. Tivo lugar en Trento, ao norte da actual Italia.
O tema principal que se tratou en Trento foi a escisión da Igrexa pola reforma protestante. Decretouse sobre a Xustificación, os Sacramentos, a Eucaristía, o Canon das Sagradas Escrituras e outros temas, con variadas disposicións disciplinares.
Dende 1518, os protestantes alemáns viñan reclamando a convocatoria dun concilio alemán, e Carlos I tentaba pechar as diferenzas entre católicos e reformistas para poder facer fronte á ameaza turca.
Esta reacción da Igrexia Católica contra o protestantismo coñécese co nome de Contrareforma Católica (aínda que escritores católicos prefiren o término "Reforma Católica").
Aínda que moitos crían que era necesario reformarse, no sabían cómo facelo. Chegouse á idea de que a mellor solución era convocar a un Concilio onde se poidesen discutir as posibles reformas. Carlos V presionaba tamén aos Papas para que se convocara ese concilio coa esperanza de que a Igrexa Católica volvera a existir unificada, pero os Papas desconfiaban das pretensións políticas de Carlos V en Italia e non convocaron este concilio ate o1545, reunión que será coñecida como Concilio de Trento.
As sesións do Concilio de Trento duraron case 17 anos, xa que foron interrompidas moitas veces; varios Papas sucedéronse en Roma e dito concilio finalizou en 1562.
Aínda que non conseguiu reunificar á cristiandade, o concilio de Trento supuxo para a Igrexa Católica unha profunda catarse.
Convocouse como resposta á Reforma Protestante para aclarar diversos puntos doutrinais. Tamén aboliu os ritos eucarísticos locais e estableceu un rito unificado coñecido como Misa Tridentina. Desde un punto de vista doutrinal é un dos concilios máis importantes e influintes da historia da Igrexa Católica.
Por outro lado abordouse a reforma da administración e disciplina eclesiásticas. O concilio eliminou moitos abusos flagrantes como a venda de indulxencias ou a educación dos clérigos, e obrigou aos bispos a residir nos seus bispados, co que se evitou a acumulación de cargos.